Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pobos de Europa

Reacción ante as ameazas de asimilación de Frisia por un ente superior

Os nacionalistas frisóns propoñen un referendo para decidir se a provincia se debe diluír nunha nova subdivisión do Estado holandés

Redacción - 16:30 11/04/2010
Matrícula reivindicativa de Fryslân

Matrícula reivindicativa de Fryslân

Segundo informou o Fryske Nasjonale Partij (FNP) a través da ALE, o vindeiro 21 de abril presentarán no Provinsjale Steaten (parlamento provincial) varias iniciativas dirixidas a aumentar as competencias de Frisia, constituída actualmente como provincia de Holanda.

Nesta mesma Cámara propuxeron a organización dun referendo nesta rexión occidental da Fryslân histórica destinado a decidir se a poboación acepta que esta se dilúa nun ente superior dentro dunha hipotética nova subdivisión de Holanda.

Esta posibilidade foi apuntada por algúns partidos de ámbito estatal como o D66 ou o PvdA no sentido de reducir o número de provincias para crear entidades administrativas máis grandes.

"Debilitar o estatus das nacións sen estado"

Frisia ficaría absorbida por unha rexión do tipo "Parte norte do país", din, e perdería a súa xa pequena autonomía e identidade institucional. A provincia, recordan desde o partido nacionalista, ten unha identidade diferenciada e única en Holanda, con cultura e lingua de seu.

"A situación lembra o acontecido moitas veces noutros lugares de Europa, onde a administración central tentou debilitar a posición das nacións sen estado tirándolles o seu grao de autogoberno", apuntan, e que "reflicte o déficit democrático na UE contra que loita a ALE".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: