O deputado socialista Guillermo Meijón insiste en que debe ter garantido, como mínimo, o 50% do total das materias, incluídas as terceiras linguas.
Guillermo Meijón
“A realidades diferentes non se lles pode dar solucións iguais”, así se referiu este luns o deputado socialista Guillermo Meijón ao decreto de linguas para o ensino non universitario. Dende o PSdeG subliñan que non apoiarán ao Goberno se non hai unha “discriminación positiva” a prol da lingua propia: “un dos grandes consensos que había entre a clase política era a discriminación positiva dunha lingua que estaba en inferioridade de condicións respecto a outra”.
Para Meijón, em calquera caso o idioma do país debe estar presente, cando menos, no 50% do total do currículo escolar (incluíndo neste as materias em terceiras linguas). O deputado socialista botoulle em cara ao conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, que non discutise no Parlamento a reforma do decreto actual.
Dende o PSdeG non aforran dardos contra o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. Segundo Meijón, o alto cargo padece “esquizofrenia lingüística”, por ter cambiado notabelmente o seu discurso sobre a lingua.