Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTA ATRÁS

O BNG teme que o Banco de España xogue ao despiste para favorecer unha absorción foránea

Francisco Jorquera lembra que os directivos das caixas son "simples empregados" e que a "última palabra deben dala os poderes públicos galegos".

Redacción - 13:42 29/03/2010

O Bloque apreta o acelerador cando faltan xa poucas horas para que se despexe o futuro das caixas galegas. A fronte nacionalista insistiu este luns que o futuro das entidades de aforro non podem decidilo de "xeito unilateral" os actuais directivos, xa que son "empregados" e non donos das mesmas.

Francisco Jorquera subliñou que a organización á que pertence defende unha fusión "paritaria e equilibrada" em clave galega. O deputado nacionalista no Congreso subliña que nestes momentos hai que superar visións localistas e de grupos de presión que teñen intereses propios e non xerais.

Mais dende o BNG temen unha posíbel manobra soterrada dende Madrid: "Agardamos que o Banco de España non estea xogando a encubrir un posicionamento favorábel á absorción das caixas galegas por entidades de fóra". Neste punto, Jorquera sospeita que o Banco de España poida poñer condicións imposíbeis para "xustificar que non ten nada a priori contra a fusión" e para "preparar o terreo para unha absorción das nosas entidades".

Fronte a estas sombras, o BNG demándalle ao Goberno que poña todas as cartas enriba da mesa e defenda a autonomía financeira: "A última palabra téñena que dar os poderes públicos galegos".


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: