Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOVEMENTO DE CARA ÁS MUNICIPAIS

UPyD elixe unha nova dirección que se encargará de “consolidalo como cuarto partido galego”

Os afiliados do partido que dirixe a nivel estatal Rosa Díez, designaron a Andrés Mosquera como coordinador da formación en Galiza.

Redacción - 14:13 21/03/2010
Tags: Galicia UPyD

Unión Progreso y Democracia (UPyD) ten dende este sábado unha nova dirección en Galiza. Os afiliados desta organización elixiron o vigués Andrés Mosquera Gómez como coordinador da formación. Canda el, na executiva galega deste partido estatal estarán Ánxeles Colmenero Ruíz (Organización); Xesús Iglesias Uz (Estudos e Programas); Laureano Bermejo Ansia (Expansión); Xavier Alvarellos Macías (Acción Institucional e Formación); Xosé Canedo Santos (Tesourería); e Carlos Parga Valeiro (Novas Tecnoloxías).

Nunha breve nota que lle fixo chegar aos medios de comunicación, UPyD sinala que obxectivo a curto prazo é consolidarse como “cuarto partido galego”. A formación que a nivel estatal dirixe Rosa Díez conseguiu nas últimas eleccións ao Parlamento de Galiza algo máis de 23.500 votos (1,46%) e quedou por diante de Terra Galega que obtivo 18.400 (1,14%)

Unha das maiores arelas da nova formación, aínda que semella que  moi pouco probábel, é conseguir algunha representación municipal nas áreas urbanas, onde UPyD concentra o groso da afiliación.
 


1,29/5 (28 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: