Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NAS SÚAS WEBS

Tres forzas independentistas publican un comunicado no que subliñan a necesidade dun proxecto común

O Movemento pola Base, a FPG e Espaço Irmandinho pactan un manifesto que deixa claro a necesidade dun traballo político coordinado.

Redacción - 12:51 20/03/2010

Nun universo tan fragmentado como é o da esquerda independentista galega, o comunicado idéntico que publican nas súas webs o Movemento pola Base, a FPG e o Espaço Irmandinho resulta novidoso. En vésperas da manifestación de 'Galiza Non Se Vende', que terá lugar este domingo en Compostela, as tres forzas políticas fan un chamamento á participación e analizan o momento “crítico” que vive Galiza como nación.

No manifesto sinálase que as dúas grandes cuestións que ten afrontar o independentismo é “potenciar as redes sociais de ámbito comarcal” e “reorganizar un movemento sociopolítico independentista amplo e plural que sitúe a conquista do poder propio de decisión, a a autodeterminación e a independencia como principais nortes da súa intervención. Reivindicar hoxe a soberania xa non é apenas esixir un dereito democrático usurpado, senón traballarmos para criar ferramentas políticas e institucionais que nos permitam sermos don@s do noso territorio e dos nosos recursos”.

Segundo lle sinalaron a Vieiros este sábado fontes destas organizacións, o manifesto é un paso máis na necesidade de sumar esforzos, aínda que mantendo de momento a autonomía política de cada organización. Porén, recoñecen que o ideal sería articular a medio prazo unha fronte unitaria da esquerda soberanista.


4,64/5 (39 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: