Malia que o goberno español bloquea a posibilidade dun corpo diplomático oficial, a Generalitat impulsará unha rede de expertos en relacións internacionais.
O vicepresidente catalán Carod-Rovira é un dos principais impulsores da acción exterior da Generalitat
O recorte orzamentario do departamento de Acción Exterior do goberno catalán, de até un 40% respecto aos cartos manexados o ano anterior, ralentiza de momento o plan do executivo para estender a rede de embaixadas catalás polo mundo.
Na actualidade Cataluña conta con cinco delegacións oficiais: Nova York, París, Londres, Berlín e Bos Aires. A curto prazo estaba prevista a apertura de tres novas 'embaixadas', as de México, Marrocos e China, que de momento se verán adiadas. Con todo, na mesa está xa o novo documento estratéxico que guiará a acción exterior do executivo catalán, presentado este mércores pola viceconselleira de Asuntos Exteriores. Entre outros, inclúe un plan para formar o equivalente a un corpo diplomático, convidando o funcionariado actual da Generalitat a formarse para integrar unha rede de especialistas en relacións internacionais e prevendo a convocatoria de postos específicos para este persoal.
Para ampliar: