Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TURISMO NA RIBEIRA SACRA

As obras de Iberdrola no Sil impedirán navegar aos catamaráns

O caudal do río descenderá uns 30 metros nos meses centrais do verán. A Deputación de Lugo substituirá este reclamo por un tren.

Redacción - 18:18 15/03/2010

Os traballos de Iberdrola no leito do río Sil terán este verán outras consecuencias ademais das ambientais: o previsíbel impacto sobre o turismo na Ribeira Sacra. A Deputación de Lugo presentou este luns o plan alternativo do ente provincial ao baleirado do Sil que inclúe, en substitución dos catamaráns, outras alternativas como un tren turístico e histórico.

O obxectivo deste programa é compensar o impacto negativo das obras que leva a cabo Iberdrola, que alterarán o funcionamento dos catamaráns turísticos, un servizo que nos meses nos que será suprimido sumou o ano pasado un total de 15.347 turistas. O proxecto presentado agora pola Deputación ofrece propostas complementarias como turismo de aventura, un plan de viabilidade para o embarcadoiro de Chancís e outro de renovación para Doade ou o devandito tren turístico-histórico.

O ente provincial subliña que as obras de Iberdrola “só afectan á navegabilidade nun treito do Sil ó seu paso por Sober” e asegura que a Deputación é unha afectada máis. Ademais de defender o seu plan alternativo e para todos os públicos, subliña que nunca foi consultada para a execución ou prazos destas obras: “nin a delegada territorial nin a Secretaría Xeral de Turismo tiñan coñecemento deste asunto”, dixo a vicepresidenta terceira, María Xosé Vega Buxán (BNG) ao tempo que recordou que “a día de hoxe a Xunta non presentou medidas compensatorias ao plan de Iberdrola”.


2,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: