Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Dobraxe dos filmes estranxeiros

As grandes produtoras temen que o exemplo catalán se estenda a Galiza

O xornal estadounidense The New York Times analiza nunha reportaxe publicada esta quinta feira o contexto que rodea a nova lei cinematográfica de Cataluña.

Redacción - 11:35 11/03/2010

O xornal estadounidense The New York Times analiza nunha reportaxe publicada esta quinta feira o contexto que rodea a nova lei cinematográfica de Cataluña, que procura a promoción da dobraxe dos filmes estranxeiros ao catalán estabelecendo unha cota mínima anual.

En Galiza non existe obriga ningunha de dobrar ao galego. A oferta cinematográfica na nosa lingua é aínda moi cativa, tal e como se mostra nesta web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde se detallan os títulos con versión galega.

Entre as claves que se ofrecen para explicar as reticencias, o rotativo destaca as palabras do secretario xeral da Federación Catalá de Produtores Audiovisuais, Joan Antoni González.

Asegura que as majors (a media ducia de estudos de cine estadounidenses que dominan a industria cinematográfica global) temen un efecto en cadea. "Teñen medo de que Galiza ou o País Vasco, ou mesmo a Bretaña e Córsega, puidesen ser as próximas", di.


4,6/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: