Programas especiais na radio e tv pública catalá e a edición dun libro de poemas recordan en Cataluña o actor e director teatral.
Pepe Rubianes
Un cancro levou o actor e director de teatro Pepe Rubianes o 1 de marzo de 2009 na altura dos seus 61 anos. Foi xustamente un dos tres galegos lembrados durante a recente gala dos Premios Goya, que tamén recordou o actor Andrés Pazos e a Xosé Luís Cabo, quen fora director do Centro Galego das Artes e a Imaxe.
Desta volta, a lembranza de Rubianes, moi viva un ano despois do seu pasamento, tivo xa espazo a pasada semana en TV3, cun programa especial que lle adicou a canle pública catalá, con Andreu Buenafuente e Albert Olmo. Este luns, Catalunya Ràdio programou tamén un especial adicado a Rubianes, emitido desde o Teatro Capitol, en Barcelona, e cun gran abano de amigos seus, entre outros, Joan Manuel Serrat e Xavier Sardá. De xeito paralelo, anúnciase para finais de marzo a publicación de Poemas africanos, creación de Rubianes durante as súas viaxes por aquel continente.