Aínda que un xulgado arquivou no seu momento a causa, a Fiscalía solicita 21.600 euros contra o actor de orixe galega.
O actor Pepe Rubianes, de orixe galega, vai ter que volver enfrontrarse á xustiza por unhas declaracións que fixo en TV3 en 2006. Logo de que un xulgado de Llobregat arquivase en maio de 2007 a denuncia contra o artista, agora a Audiencia de Barcelona reabre o caso estimando os recursos da Fiscalía e das acusacións particulares.
Rubianes terá que ir a un xuízo onde o ministerio público solicita unha multa de 21.600 euros por “ultraxe a España”. As dilixencias contra o actor comezaron logo de que presentasen denuncias a Asociación por la Defensa de la Nación Española e un telespectador a título particular. Referíndose ao PP, o actor dixo, "que metan España polo cú".