Os conservadores aseguran nun comunicado que non procede organizar o acto “cando Galiza pode estar enfrontándose aos danos do temporal”
Un acto anterior do PPdeG
O Partido Popular de Galiza decidiu aprazar a conmemoración do primeiro ano da vitoria electoral "por prudencia". Os 'populares' tiñan previsto celebrar este domingo un "acto multitudinario” no Pazo de Congresos de Compostela co gallo do primeiro aniversario da volta ao Goberno.
Aínda que as predicións aseguran que os fortes ventos abandonarán Galiza na madrugada do sábado ao domingo, o PPdeG asegura nun comunicado que non organizará unha festa "cando Galiza pode estar enfrontándose esa mañá aos danos provocados polo temporal".
No acto agardábase a presenza do presidente do PP español, Mariano Rajoy, e do de Euskadi, Antonio Basagoiti.