Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS

A Feijoo gústalle o dedo de Aznar

Para o líder do PPdeG o xesto insultante do ex presidente español ten “antecendentes gregos e romanos”

Redacción - 17:56 22/02/2010
Tags: Aznar insulto
Polémico xesto de Aznar

Polémico xesto de Aznar

A semana pasada, incomodado por unhas protestas estudantís en Oviedo, o ex presidente do goberno español José María Aznar non dubidou en sacar o dedo índice. Este luns o presidente galego solidarizouse co seu compañeiro de filas e afirmou que  son admisíbeis xestos coma este porque Aznar xa saíu da política. Feijoo escudouse “nos antecedentes gregos e romanos”. Así subliñou con retranca que “é un xesto admitido en civilizacións que foron berce de coñecementos, como Roma ou Grecia”.

Feijoo sostén que a noticia non debería ser o xesto insultante de Aznar senón o feito de que o grupo de estudantes lle tivesen chamado “terrorista e fascista”. Para o presidente galego “que pase o contrario debería facernos pensar moitas cousas, porque igual temos algún problema intelectual”.


1,4/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: