Unha editorial envioulle un mail de aviso ao responsábel dun portal que ofrece versións electrónicas de libros feitas pola propia comunidade.
A cada ver maior difusión do libro electrónico provocou que comece a haber accións legais contra webs que difundían este tipo de contidos de balde. É o caso de Papyre.co.cc, sitio colaborativo en que os usuarios convertían obras a formato FB2 para libre uso da comunidade. O seu responsábel informou a Kriptópolis que recibiu un correo dunha famosa editorial ameazándoo con accións legais se non retira da páxina as obras das que posúe os dereitos.
Na súa defensa, o responsábel da web asegura que non hai ánimo de lucro na súa actividade, ademais de que eses títulos non se comercializan no formato FB2. Tamén desestima a solicitude da editorial polo feito de que non é cidadán nin residente no Estado Español. Por outra banda, asegura que as imaxes que acompañan a carta de aviso están tiradas doutra web, a rede social Scribd.