Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Bieito Lobeira, sobre a resposta no caso do NGZ

"Invéntase a existencia dunha normativa aprobada polo Parlamento"

A Xunta argumenta que a subvención para publicacións integramente en galego só pode ser recibida polas escritas "conforme á normativa oficial vixente".

Redacción - 13:00 11/02/2010

O xornal Novas da Galiza recolle no seu número 86º a opinión do membro da AGLP, António Gil Hernández, que sinala que "non existe ningunha ortografía oficial na Galiza" polo que "a Administración que discrimine negativamente os cidadáns" por esta razón "está a violar os artigos 10.2 e 14 da Constitución española e o artigo 5.4. do Estatuto de Autonomía".

A finais de 2009, o parlamentario do BNG Bieito Lobeira rexistraba unha pregunta "relativa á discriminación que padece unha publicación escrita integramente en galego por razón da normativa empregada". En concreto, facía referencia á resolución da Secretaría Xeral de Medios de 24 de xullo de 2009, que exclúe a empresa Minho Media SL, editora da publicación Novas da Galiza.

En resposta a esta pregunta, o director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Roberto Castro García, argumenta que "a subvención só pode ser recibida por aquelas publicacións periódicas que estean escritas integramente en galego, conforme á normativa oficial vixente".

Subvencións a medios en castelán
Ao respecto, Bieito Lobeira declarou que a resposta "inventa a existencia dunha normativa aprobada por este Parlamento", na liña do expresado por Gil Hernández. O deputado nacionalista non obtivo contestación, porén, ao respecto de que en 2009 as publicacións escritas integramente en galego recibisen 971.753 euros, un terzo do destinado a publicacións en castelán con presenza residual do galego.


5/5 (17 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: