Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O 9 de febreiro

Pensa antes de publicar na internet

O sétimo Día Internacional da Internet Segura alerta de o que se pendura nas redes sociais acabará multiplicándose e será imposíbel de eliminar.

Redacción - 10:15 05/02/2010

O próximo martes terá lugar a sétima edición do Día Internacional da Internet Segura. Desta volta, o lema fai referencia ao perigo que supón pendurar contidos que despois non se poderán eliminar doadamente. "Pensa antes de publicar" é o consello da xornada, organizada por Insafe.

O organismo europeo pretende advertir de que todo o que se publica na rede fica accesíbel por un período de tempo indefinido e para todo o mundo, o que pode ter graves consecuencias. Por iso, recomenda que os internautas menores de idade sexan conscientes de que teñen o control sobre a súa identidade na rede, como usar as preferencias de privacidade das redes sociais, escoller só amigos en que poidan confiar, publicar fotos súas despois de pensar as consecuencias e as dos seus amigos só co seu permiso.

Como xa acontecera no ano pasado, cando se organizaran 500 actos en 50 países, Insafe aspira a que colectivos de todo o mundo participen nunha rede de actividades que contribúan á formación sobre o uso seguro da internet.


4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: