Case un cento de colectivos de máis de trinta países participan na reunión internáutica que convocou a Comisión Europea para este martes, coincidindo co "Día Internacional por unha internet máis segura". O obxetivo é chamar a atención sobre a necesidade de que ao tempo que se promove a utilización de internet se apoie un uso das novas tecnoloxías "correcto, legal e ético". Con esa fin convocouse aos participantes a realizar as súas achegas até o próximo día 15 de febreiro nunha bitácora multilingüe. Recomendámoslles ampliar na web organizadora: InSafe.