Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sen concurso

Piden explicacións pola adxudicación de tres rutas a Vueling sen concurso

O BNG pregunta polos criterios seguidos pola Xunta á hora de concederlle os destinos ás liñas aéreas presididas por Josep Piqué.

Redacción - 12:53 29/01/2010

O BNG interesouse polos criterios que empregou a Xunta á hora de promocionar as novas rutas internacionais adxudicadas á compañía Vueling. Segundo constatou a parlamentaria Carme Adán, non se convocou ningún concurso público para a adxudicación, da que se beneficiou a empresa presidida polo ex-presidente do PP catalán Josep Piqué.

A deputada ve unha "contradición" entre o feito de que o Goberno invista "4,5 millóns de euros na promoción de liñas de baixo custo" cando amosou "desinterese polo número de visitantes a Galiza". Tamén pediu "que a Xunta explique os criterios que se seguiron" para a adxudicación das liñas a Zúric, Bruxelas e Amsterdam, e cales son "as expectativas de incremento de viaxeiros e as liñas a seguir para incentivar a afluencia de visitantes ao Xacobeo 2010”.

Carme Adán reiterou as súas críticas ao xeito de divulgar e promocionar o Xacobeo e considerou que o acontecido con Vueling é unha mostra máis da "improvisación do Goberno".

Non é a primeira vez que a oposición pide explicacións sobre o contrato. Xa a adxudicación das novas rutas só á compañía de Piqué foi motivo dunha iniciativa presentada polo PSdeG en novembro. Daquela, María Quintas amosou a súa estrañeza polo feito de que "entre 72 opcións de aeroliñas" a Xunta escollese a dun ex-ministro do PP.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: