Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VALORACIÓN DO PARO XERAL

A CIG-Ensino anuncia novas mobilizacións se Educación non retira o borrador do decreto

O sindicato, maioritario entre o profesorado da educación pública, denuncia “manipulación” que o Goberno fixo dos medios públicos o día da folga.

Redacción - 13:38 25/01/2010

Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, valorou este luns o paro escolar do pasado día 21. Logo de salientar o alto seguimento da protesta, o representante da principal forza sindical entre o profesorado galego pediulle á Consellaría de Educación que tomase nota e que procedese a retirar as bases para a derrogación do decreto de linguas. Dende o sindicato nacionalista tamén denunciaron a “manipulación” dos medios de comunicación pública que “distorsionaron a incidencia da folga”.

Dende a CIG-Ensino advírtenlle ao Goberno que está “na máis absoluta soidade” e que debe dar pasos para que se volva cumprir a Lei de Normalización. Caso de non rectificar, o sindicato anuncia que secundará as mobilizacións que acorde a plataforma 'Queremos Galego'.


4,82/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: