Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Conflito no País Vasco

Os presos de ETA inician unha folga de fame en contra da dispersión

O Colectivo de Presos Políticos Vascos (EPPK) aseguran nun comunicado que pretenden reivindicar "o status político que nos corresponde".

Redacción - 11:00 25/01/2010

O Colectivo de Presos Políticos Vascos (EPPK), que cumpren delitos pola súa vinculación con ETA, iniciaron este luns unha folga de fame en protesta, entre outras cuestións, pola política de dispersión penal que se lles aplica, informa o diario Gara que reproduce un comunicado de EPPK recibido este domingo.

"Con esta acción querémoslle dar unha forza especial ao recoñecemento e á reivindicación do status político que nos corresponde", aseguran na nota. EPPK afirma que non teñen que aceptar que ningún "estea illado, afastado ou dispersado" e tacha de "criminal" a política de dispersión. A medida lévase a cabo tanto en prisións españolas como francesas.

Esta folga supón un novo paso na protesta iniciada a principio de logo de realizar "unha semana de comunicación, varios días de peche e outras iniciativas", que conseguiu un seguimento desigual en cada un dos cárceres, segundo informaron fontes penais a axencia de noticias española EFE.


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: