Veciños do municipio concentráronse este venres á noitiña na praza do Concello logo de crear a Plataforma Contra a Moción de Censura.
O secretario de Organización do PSdeG en Pontevedra, Luís Piña, afirmou este venres que a moción de censura no Porriño se fai "en clave provincial e non polos intereses do Porriño" e considerou que o presidente da Deputación de Pontevedra e presidente do PP da provincia, Rafael Louzán "prostitúe a política en Pontevedra".
Piña afirmou que a Louzán "non lle importou utilizar as institucións públicas para repartir prebendas con tal de garantir o seu posto e forzar un cambio político incomprensíbel a menos de ano e medio das eleccións", xa que considerou que a moción de censura presentada por PPdeG, Ciudadanos por Porriño e Independentes de Porriño -que desaloxará da Alcaldía a Raúl Francés (BNG)- é "tardía, sen proxecto" e lévase a cabo "por intereses electoralistas".
Concentración de cidadáns
Por outra banda, veciños do municipio concentráronse este venres á noitiña na praza do Concello logo de crear a Plataforma Contra a Moción de Censura. Denuncian que "non hai argumentos" que xustifiquen a moción, ao considerar que o Goberno municipal "desenvolve o seu labor con normalidade e sen maior contestación social que calquera outro goberno de Galiza".