Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Últimos días para se poder inscribir

Rolda de Rebeldía, ideas e palabra

Xa se coñece o programa provisional da primeira quenda deste proceso de reflexión e diálogo, a desenvolver o 30 de xaneiro, día do aniversario do nacemento de Castelao.

Redacción - 18:00 20/01/2010

A primeira xornada da Rolda de Rebeldía, un proceso de reflexión e de diálogo para a intercomunicación entre a esquerda social e política galegas, xa ten data concreta: será no Hotel Compostela da capital, o sábado 30 de xaneiro, día que coincide co aniversario do natalicio de Castelao.

No programa provisional do evento, organizado polo Encontro Irmandiño, estabeleceuse unha xornada en catro sesións, que xiran arredor dos eixos temáticos propostos. Cada unha contará con cadansúa mesa introdutoria e unha moderación que garantirá que o meirande peso do tempo sexa para o debate desde o público.

A Rolda de Rebeldía, apuntan os organizadores, "procura crear un espazo de comunicación entre as organizacións políticas, sindicais, sociais e de base, así como os cidadáns e cidadás conscientes, que actúan en Galiza para unha común reflexión da realidade sociopolítica do noso pobo".


Sesión 1: XEIRA DA PROCURA
É o modelo de partido clásico inoperante? Cómpre construírmos ese novo referente-suxeito político-social? E se así é, de que modelo organizativo debemos dotarnos? É o acceso ás institucións necesario?
Intervencións introdutorias: Eduardo Rego, Xabier Macías, Xoán Hermida e Xavier Ron.
Modera: Imanol Dorca

Sesión 2: XEIRA DA IRMANDADE
Como crear as canles de comunicación, participación e irmandade entre a esquerda social e a esquerda política? Cales son as esixencias da cidadanía e dos movementos sociais no eido da súa relación coas organizacións políticas?
Intervencións introdutorias: Antón Gómez-Reino (Tone), Manuel Casal Lodeiro, Xan Duro e Goretti Sanmartín
Modera: Lara Domínguez

Sesión 3: XEIRA DAS MIL VOCES
Que mecanismos e accións debemos emprender para afondar na creación de masas críticas que esixan un cambio radical do noso modelo de sociedade partindo da realidade galega de hoxe?
Intervencións introdutorias: Manuel Barreiro, Mónica Alzate, Luisa Ocampo e Xoán Carlos Carreira
Modera: Manoel Santos

SESIÓN 4: XEIRA PARTILLADA
Persoeiros do campo político debatirán co público as achegas e propostas recolleitas nas tres primeiras xeiras.
Intervencións introdutorias: Xosé Manuel Beiras, Carlos Morais, Carlos Aymerich, Paco Rodríguez (por confirmar) e Mariano Abalo
Rea Dianteira: membros de formacións (Movemento Galego ao Socialismo, Movemento pola Base, Causa Galiza, Esquerda Unida, PCPG...)
Modera: Iria Otero


5/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: