Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A LINGUA NO ENSINO

Comisións Obreiras comprométese a dialogar co Goberno para consensuar o decreto

O sindicato cre que é posíbel un acordo se hai modificacións puntuais para garantir unha “discriminación positiva” do galego.

Redacción - 13:12 08/01/2010

Comisións Obreiras mostrouse partidaria de comezar a negociar a proposta de decreto de linguas que presentou o Goberno a semana pasada. O sindicato “saúda” o compromiso da Secretaría Xeral de Política Lingüística de negociar coas forzas sociais e políticas e anuncia o compromiso de “manter todos os foros de diálogo e negociación que resolvan os abundantes problemas técnicos e de contido que se observan no borrador”.

A organización sindical cre que é preciso estabelecer canto ants un calendario de negociacións en todos os foros (mesas sectoriais, Consello Escolar de Galiza...) para lograr un decreto que conte co apoio dunha ampla maioría. Para CC.OO a solución pasa polo “cumprimento da Lei de Normalización Lingüística no referente á necesaria promoción e discriminación positiva do galego, sobre todo naquelas zonas onde se atopa en retroceso”. Advirte que se non observa unha actitude negociadora convocará mobilizacións.


1/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: