Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Prognóstico meteorolóxico

Alerta laranxa por nevaradas

A Xunta activa os servizos de emerxencia diante do prognóstico de neve en cotas de apenas 200 metros.

Redacción - 21:30 06/01/2010

Na tarde do mércores, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia alertou dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por neve que afectará principalmente ás provincias da Coruña e Lugo a partir desta medianoite.

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), espéranse nevaradas a partir dos 200 metros de altura que poderían acumular ata os 5 centímetros no norte e no interior da provincia da Coruña e na zona da Mariña e no centro da de Lugo. Ademais, na zona da montaña luguesa tamén haberá acumulacións de neve de 5 cms.

Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos, policías locais, bombeiros e Deputacións das provincias da Coruña e Lugo, así como aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, á Administración Xeral do Estado e ás empresas de ámbito galego.

Última hora:




9h30
: Na xornada de Reis, Galiza queda baixo unha zona intermedia entre as baixas presións no leste e as altas atlánticas, con ventos de compoñente norte que farán descender as temperaturas e a cota de neve. Predominarán os ceos anubrados e chuvascos, máis frecuentes na metade norte, que serán de neve por riba dos 600 metros pola mañá e os 400 metros pola tarde.

Deste xeito podería rexistrarse caída ocasional de neve en calquera punto do interior; ademáis nas últimas horas os chuvascos virán acompañados de sarabia no litoral da Coruña e Lugo. As temperaturas sufrirán un novo descenso, tanto as mínimas como as máximas, con xeadas no interior. Os ventos estarán en calma durante a mañá, aumentando en intensidade pola tarde, cando soprarán de compoñente norte.

As temperaturas mínimas caerán por debaixo dos seis graos baixo cero na montaña lucense e ourensá. Espéranse acumulacións superiores aos dous centímetros de neve en puntos de Lugo e A Coruña e no interior de Pontevedra. Na montaña de Lugo as acumulacións poderán superar os cinco centímetros e no resto do país pode nevar, pero de modo máis débil e ocasional.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: