A organización independentista celebrou esta fin de semana a súa quinta Asemblea Nacional. A lingua, a crise e o imperialismo centraron os debates.
Repensar as liñas estratéxicas para os vindeiros dous anos. Isto é o que fixo en Vigo esta fin de semana a formación independentistas Nós-Unidade Popular. A militancia centrou os debates na normalización lingüística, na “crise capitalista” e a súa influencia na clase traballadora galega e, xa no plano internacional, no “afán imperialista ianqui en América Latina”. A asemblea tamén analizou as dificultades para artellar unha fronte común de toda a esquerda soberanista. A respecto desta división, dende Nós-UP recoñecen a dificultade dunha “solución a curto prazo”.
Para os vindeiros dous anos, a organización elixiu unha nova dirección que estará composta por: Alberte Moço, Bruno Lopes, Lara Soto, Ramiro Vilda, Sheila Fernandes, Carlos Morais, Ilduara Medranho, André Seoan e José Manuel Dias. Nas vindeiras semanas os afiliados escollerán os diferentes responsábeis comarcais e da área da Muller.
Poden ampliar información na propia páxina de Nós-UP