Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUN COMUNICADO

O mellor garante da Constitución española: Núñez Feijoo

Os conservadores reiteran que nunca permitirán un Estatuto que avance no recoñecemento do carácter nacional de Galiza.

Redacción - 11:12 06/12/2009

O Partido Popular de Galiza fixo público un comunicado co gallo dos 31 anos da aprobación da Constitución española. No texto, os conservadores aseguran que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, é unha peza fundamental para manter vivo o espírito da carta política española. Así, lembran que hai tres anos o posicionamento do PPdeG botou por terra un intento de reforma do Estatuto de Autonomía que tildaron de “delirio”.

Os “populares” sinalan que mentres teñan capacidade política nunca permitirán que Galiza aprobe un Estatuto de Nación, a semellanza do catalán. De feito, non desaproveitan a ocasión para cargar contra o BNG por ter liderado a pasada lexislatura a campaña en prol dun novo Estatuto mais tamén lembran que “o presidente do PSdeG da Coruña, Francisco Caamaño, foi o actor intelectual dun texto recorrido a día de hoxe (Estatuto de Cataluña) e que está á espera da súa sentenza”.


1/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: