Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémica sobre a fusión dos colectivos

O PSdeG agoira "a volta ás cacicadas" cos centros galegos na diáspora

"Santiago Camba entrou na emigración como un elefante nunha cacharrería", critica a deputada Laura Seara do labor do secretario xeral de Emigración.

Redacción - 18:45 30/11/2009

"Despois de anos dunha política de división e dispersión e de creación de centros para que actuaran ao seu ditado, como é o caso do de Santa Comba, Val Miñor ou Fillos de Ourense, agora din que apostan pola fusión", ironizaba este luns a secretaria de Igualdade e Emigración do PSdeG, Laura Seara. Na súa opinión, a Xunta debera facer "menos caciqueo" coas axudas aos centros e favorecer a súa racionalización co fomento da colaboración, "coordinación e especialización dos mesmos: centros culturais, asistenciais, sanitarios, entre outros".

Ao respecto das posíbeis fusións, advirte Seara de que debera ser unha decisión "dos propios centros e non do secretario xeral de Emigración". A deputada ourensá cualificaba así de "trilerismo" a proposta dos populares e queixábase da "imposición de criterios e á volta as cacicadas". De paso, recordaba que durante a súa etapa anterior no poder, "o PP deixou caer o patrimonio dos centros máis emblemáticos, como o Avellaneda ou o Centro Galego en Bos Aires, de triste actualidade”. "Cada centro galego no mundo é unha porta de entrada a Galiza”, afirmou Laura Seara, opinando que o actual Goberno "está amosando moi pouco respecto pola autonomía e o traballo destes centros, e atacándoos cando non pensan como eles”.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: