Segundo un estudo, os rexedores das sete cidades do país, coa excepción de López Orozco, están entre os peor valorados do Estado Español.
O PPdeG predixo "o principio da fin" do PSdeG e do BNG á fronte dos gobernos das sete cidades do país. O partido tirou esta conclusión dun estudo que sitúa as alcaldías galegas entre as peor avaliadas do Estado Español.
Nun comunicado, os 'populares' entenden que a cidadanía reflicte neste estudo o seu descontento cos alcaldes galegos porque "perderon a oportunidade" de implantar políticas útiles nos concellos e que, polo contrario, puxeron en marcha actuacións que "só provocan rexeitamento".
Para o PPdeG, comezou a conta atrás para a "desfeita electoral" e convidou a cidadanía a continuar o 23 de maio de 2011 o cambio político que, asegura, comezou na Xunta o 1 de marzo. Os 'populares' salientaron que alcalde peor valorado do país é o vigués Abel Caballero, no cuarto posto polo final dos 78 alcaldes analizados.
Pola contra, destacaron que o alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, é o único de Galiza que se atopa na primeira metade da clasificación, mentres que o resto "están todos no último furgón".