Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Ano Darwin

As universidades conmemoran o 150 aniversario d'A orixe das especies

Preséntase en Compostela un libro sobre a influencia do científico inglés no pensamento galego, mentres A Coruña acolle unha conferencia.

Redacción - 18:45 23/11/2009

O traballo de Charles Darwin volverá ser lembrado este martes, cando se cumpren 150 anos da publicación d'A orixe das especies. Dúas universidades do país organizan actividades practicamente á mesma hora. Por unha banda, na Universidade da Coruña terá lugar unha conferencia, mentres que na de Santiago presentarase un libro editado pola propia USC.

A Facultade de Ciencias da UDC contará coa presenza de Carlos M. Herreda, da Estación Biolóxica de Doñana, no CSIC de Sevilla, para falar de Ecoloxía evolutiva: crónica conceptos e algúns logros. A sesión forma parte do ciclo "O legado de Darwin". A intervención de Herrera comezará ás 12:30 no salón de actos da facultade.

En Compostela darase a coñecer o libro O Darwinismo e Galicia, edición a cargo do catedrático Francisco Díaz-Fierros. A obra recolle a achega dunha ducia de especialistas en diferentes áreas para "profundar no coñecemento que a obra de Darwin tivo na historia do pensamento galego". O acto de presentación será ás 11:30 no Colexio de Fonseca. Segundo o seu autor, a publicación enche un importante baleiro, pois "até agora non se tiña emprendido un conxunto en conxunto" destas características.


4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: