Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Finalización prevista para 2013

Xosé Blanco confirma que o TAV Porto-Vigo se vai adiar até 2015

"Non é posíbel antes", afirmou o ministro español de Fomento logo de se reunir co seu homólogo portugués.

Redacción - 17:00 23/11/2009
Mendoça e Blanco, este luns

Mendoça e Blanco, este luns

O ministro do Fomento español, Xosé Blanco, afirmou este luns que a liña de alta velocidade ferroviaria (TAV) Porto-Vigo, que terá unha extensión de 125 quilómetros (25 en territorio galego), non estará concluída antes de 2015, dous anos despois do que estaba previsto, informa a axencia de noticias Lusa.

"Non é posíbel antes de 2015", sinalou na conferencia de prensa posterior á xuntanza que mantivo co seu homólogo portugués, o ministro das Obras Públicas, Transportes e Comunicações, António Mendonça, que se desenvolveu en Lisboa.

Blanco dixo que será elaborado un novo estudo para o tramo entre Vigo e O Porriño e referiu que o trazado definido para esta liña ten unha "orografía moi complicada". Ademais, informou de que a ligazón está a agardar pola Declaración de Impacto Ambiental.

Tamén, anunciou que durante a reunión acordouse a creación dunha comisión técnica, que ficará responsábel de estudar antes do mes de abril a posibilidade de que a liña Porto-Vigo, definida como mixta (pasaxeiros e mercadorías), pase a ser só para persoas, mentres que os bens materiais viaxarían na conexión actual.

Autovía A-75
Mendoça e Blanco trataron también sobre as conexións por estrada. Entre estas, salienta o anuncio do segundo de que as obras da autovía A-75 entre Verín e a fronteira portuguesa concluirán a finais do próximo verán. Esta vía permitirá realizar o percorrido entre Verín e o Porto nunha hora e media.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: