Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
"Bilingüismo cordial"

Feijoo suxire un acordo "á vasca" en política lingüística co PSdeG

Nunha xuntanza coa presidenta do parlamento de Euskadi, o presidente salientou que a súas ideas sobre a lingua coinciden coas de Patxi López.

Redacción - 10:23 19/11/2009

O presidente da Xunta propuxo esta cuarta feira estender a Galiza a "cooperación" que teñen en Euskadi o PP e o PSOE en "grandes temas", como a lingua. "Sé é posíbel nunha comunidade cunhas profundas raíces autonomistas como Euskadi, só resta que o PSdeG queira, pero non o fai, cando menos de momento", lamentou Alberto Núñez Feijoo.

As declaracións do presidente producíronse despois de manter unha reunión coa presidenta do Parlamento vasco, Arantza Quiroga, diante da que lembrou que as palabras que pronunciou no discurso de investidura sobre política lingüística foron "case as mesmas" cás pronunciadas por Patxi López semanas despois.

Sentenza do Supremo
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, destacou que a sentenza emitida polo Tribunal Supremo, que rexeita que un pai poida escoller a lingua en que se educan os seus fillos, ratifica que o modelo actual e a lexislación lingüística "non conculca ningún dereito individual".

Na súa intervención nunhas xornadas sobre a lingua no eido xudicial, Lorenzo valorou que a decisión xudicial recoñece a responsabilidade da Xunta de "estabelecer o uso das linguas oficiais no ensino", consonte "o Estatuto de Autonomía e a Constitución".


1,67/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: