Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Europa POUSA OS OLLOS NA NOSA BLOGOSFERA

A rede galega, a debate en Bruxelas

Xornalistas e blogueiros do país participan este mércores nun seminario sobre comunicación política en internet.

Redacción - 11:10 10/11/2009
Parlamento Europeo

Parlamento Europeo

O Parlamento Europeo acolle este mércores un seminario no que xornalistas e blogueiros de diferentes nacións debaterán sobre o “activismo político na rede”. Galiza será unha das protagonistas da xornada, de feito unha das mesas públicas leva por título “a blogosfera galega: tecer dende a esquerda lingua e nazón”. Na conferencia participarán os xornalistas Marcos Pérez, María Yáñez, Xosé Manuel Pereiro e Xurxo Salgado. Canda eles estarán diferentes blogueiros e opinadores: Xabier Pérez Igrexas, Manuel M. Barreiro, Manoel Santos, Antón Baamonde e Filipe Díez. En representación de Vieiros tamén tomará a palabra Fernando Arrizado, responsábel da sección de Internacional.

No seminario presentado polo eurodeputado de ERC Oriol Junqueras e tamén coordinado por Ana Miranda, representante do BNG en Bruxelas e próxima europedutada, tamén se tratarán os seguintes temas: “Os blogs como instrumentos para o debate europeo” (Anne Autio i Rina Tsbaki, do European Journalism Centre); “O xornalismo catalizador de iniciativas sociais” (Martí Crespo, do xornal catalán Vilaweb); “O partido pirata, o suceso da política na rede” (Christian Engström); “A blogosfera escocesa e a campaña polo dominio .scot” (Davie Hutchison e Christian Jones); “A Osonosfera, exemplo de comunidade virtual comarcal” (Enric Xicoy); “A blogosfera flamenga” (Theo Francken); “Características da blogosfera sueca” (Henrik Alexandersson); e “Máis democracia: Politika 2.0 (Paul Rios).

A última hora da tarde do mércores, e xa fóra das actividades do seminario, a comitiva galega participará nun debate aberto á colectividade de emigrantes en Bruxelas que levará por título “A situación da rede en Galiza como instrumento de identidade e defensa da lingua”. A cita terá lugar no Orfeu-Livraría Portuguesa e Galega (19.30 horas).


3,37/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: