Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acusacións do PSdeG

Minicentralización dos ríos ao servizo dos "intereses privados do PP"

A responsábel de Medio Ambiente do grupo parlamentario do PsdeG, Carme Gallego, alerta da sobreexplotación hidroeléctrica que favorece o actual Goberno.

Redacción - 19:30 09/11/2009

"Veremos como o PP vai votar en contra e ímolo denunciar e poñelo en coñecemento da sociedade civil". Así lle deixaba este luns o desafío na mesa a ex conselleira e portavoz de Medio Ambiente do grupo parlamentario do PsdeG, Carme Gallego, ao grupo do PpdeG. Agoiraba Carme Gallego que os populares rexeitarán a moción coa que os socialistas areclaman o compromiso para evitar novos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos.

Na opinión de Gallego, a actitude do partido liderado por Alberto Núñez Feijoo ten que ver coa intención de "unha vez máis favorecer os intereses privados do PP". Para a voceira socialista estarían confirmándose "as sospeitas" de que o Goberno ten a intención de recuperar as minicentrais previstas durante a última etapa de Manuel Fraga na Xunta. A deputada do PsdeG chama a atención sobre a inminente adxudicación de 31 novas minicentrais hidroeléctricas que contribuirán a agravar a "sobreexplotación" dos ríos, no que cualificou de "agresión brutal" ao contorno natural do país.

Ao respecto, reprochou a representante socialista que o PP vaia faltar á palabra dada polo propio conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, quen asegurara que a Xunta non prevía permiso para ningunha outra central hidroeléctrica e prometera agardar ao plan da bacía Galicia-Costa.


4,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: