Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Renovábeis

Economía explorará a enerxía xeotérmica

A Xunta autorizou a sinatura dun convenio dun millón de euros con Energylab para experimentar o emprego de bombas de calor terrestre en vivendas e edificios públicos.

Redacción - 10:00 30/10/2009

A Consellaría de Economía e Industria recibiu este xoves a autorización do Goberno par asinar un convenio coa Fundación Tecnolóxica de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética (Energylab). O obxectivo é poñer en marcha un plan demostrativo do emprego de bombas de calor xeotérmicas, cun orzamento dun millón de euros.

A Xunta busca novos xeitos de produción de enerxía que non dependan do consumo de combustíbeis fósiles. Nese contexto enmárcase a sinatura do convenio, que aposta por unha das tecnoloxías máis innovadoras. O apoio do Executivo palia o problema do enorme investimento económico que é preciso para investigar novas fontes de enerxía.

O proxecto consiste na elaboración dun plan demostrativo para o emprego de bombas de calor xeotérmicas, que aproveiten a calor natural da terra para producir auga quente, calefacción e refrixeración en vivendas unifamiliares, colectivas ou en edificios de servizos. O proxecto desenvolverase durante os anos 2009 e 2010 e terá en conta variábeis como o tipo de bombas de calor ou o clima do país.

O plan piloto contempla tamén instalar en seis vivendas unifamiliares dispositivos cunha potencia de 12 quilovatios, cun investimento total de 214.200 euros; outro de 120 quilovatios nun edificio de vivendas colectivas, cun investimento de 240.900 euros, e nun edificio do sector servizos cunha potencia de 280 quilovatios e un custo de 544.900 euros.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: