Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENERXÍA LIMPA

A Cámara galega quentarase coa calor subterránea

Instálase nos xardíns do Parlamento un circuíto de climatización xeotérmica dará calor no inverno e frío no verán.

Redacción / EP - 18:55 02/05/2008

O Parlamento xa comezou as obras de instalación dun sistema de calefacción xeotérmica que aforrará un millón de quilovatios por hora e a emisión de 1.300 toneladas de dióxido de carbono á atmosfera. Consistirá nunha serie de pozos de 125 metros de profundidade onde se integrará un circuíto pechado de auga a unha temperatura constante de 15,5 graos.

O sistema de climatización regulará a temperatura do 23 por cento do edificio, tres puntos máis do recomendado polo Plan de Acción sobre Eficiencia Enerxética da Comisión Europea. O Parlamento de Galicia é o primeiro edificio do seu volume do país e un dos primeiros do Estado Español en instalar un sistema xeotérmico, que xerará máis de 100 quilovatios de potencia destinada á climatización.

A calefacción xeotérmica, composta por 18 pozos, permitirá producir calor no inverno e frío no verán e constitúe unha das tecnoloxías máis eficientes para a climatización, ao aproveitar a calor do subsolo terrestre. Seguindo o Plan de Optimización e Eficiencia Enerxética do Parlamento, do que forma parte a iniciativa, xa se instalaron placas solares fotovoltaicas, lámpadas de baixo consumo e detectores de presenza para a iluminación.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: