Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
PUBLICACIÓN

Astérix e Obélix falan galego

Xa está a venda en todas as librarías do país a versión en galego da edición especial co gallo do 50 aniversario da popular banda deseñada.

Redacción - 10:00 25/10/2009

Astérix e Obélix-O libro de Ouro. A edición especial das aventuras dos dous guerrilleiros galos acaba de saír ao mercado a nivel mundial traducida para un total de 14 linguas, entre elas o galego. Trátase do primeiro número en varios anos que se edita tamén no idioma propio de Galiza desde que a editora Salvat Bruño se responsabilizara da edición e comercialización desta coñecida banda deseñada.

Nesta decisión tivo un importante papel a campaña promovida polas Mocidades da Mesa pola Normalización Lingüística, quen dende 2005 conseguiu milleiros de adhesións individuais e colectivas a prol da edición en galego das historietas de Astérix e Obélix. Fixéronlle chegar aos responsábeis da edición e distribución da banda deseñada para o Estado Español máis de 11 mil sinaturas individuais, o apoio á reivindicación de multitude de centros de ensino ademais doutras orixinais iniciativas. Entre elas, un grupo de alumnas e alumnos do primeiro ciclo da ESO de Brión traduciron da súa man para o galego un dos números para demostrarlle a Salvat Bruño "que o galego non é tan complicado".

Agora, dende este colectivo animan a todos os lectores, independentemente da súa idade, a comprar esta edición especial polo 50 aniversario da obra creada polos autores Goscinny e Uderzo na súa versión galega. "É unha mostra máis de compromiso coa normalidade da nosa lingua", din dende as Mocidades da Mesa.


4,81/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: