Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Sobreprezo"

O PSdeG pide unha comisión de investigación sobre a compra da sede da Fegas

Sospeitan que o sobrecusto da adquisición se puido empregar para pagar a sede do PPdeG, no mesmo edificio.

Redacción / EP - 17:54 21/10/2009
Edificio onde se atopa a Fegas, no barrio compostelán de San Lázaro

Edificio onde se atopa a Fegas, no barrio compostelán de San Lázaro

O PSdeG solicitou a creación dunha comisión de investigación sobre a compra da sede da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), que ten "coincidencia financeira e espacial" coa compra da sede do PPdeG, no mesmo edificio. Así o anunciou o voceiro do Grupo Socialista no Parlamento, Xoaquín Fernández Leiceaga.

Segundo Leiceaga, a comisión solicítase porque se está a producir "unha evidente manipulación de documentación para intentar demostrar o indemostrábel: que son dous asuntos independentes". Lembrou, ademais, que o PSdeG "lle deu a oportunidade ao presidente da Xunta de comparecer no Pleno para explicar a situación", cousa que "non vai facer". Por iso, "estamos na obriga democrática de solicitar unha comisión de investigación", sentenciou.

A tramitación da iniciativa efectuarase na próxima Xunta de Portavoces. Nela sinálase que as coincidencias na adquisición das dúas sedes "creou unha importante alarma social", pois a Xunta "pagou un aparente sobreprezo por unha contía semellante ao custo da sede do PP".

Os socialistas e Sogama
Por outra banda, o voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, responsabilizou directamente o secretario xeral do PSdeG e ex-conselleiro de Medio ambiente, Manuel Vázquez, do "sobrecusto" de 200 mil euros da nova sede de Sogama e pediulle que aclare "sen falta" se este diñeiro serviu para "financiar ilicitamente o seu partido" e "pagar o arranxo" da sede socialista, onde "tamén houbo obras".


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: