"O que debería ocorrer, ocorreu. É unha decisión baseada na lei", dixo o autor do artigo no 'Novaya Gazeta' que provocou a denuncia.
Foto de Stalin, no chan do xulgado
O tribunal moscovita encargado do caso por supostas calumnias ao ex dirixente soviético Iosef Stalin fallou en contra de Yevgeny Dzhugashvili, un seu neto que presentara unha demanda contra o diario Novaya Gazeta e contra o xornalista Anatoly Yablokov.
A decisión anunciouse este martes pola tarde. "O que debería ocorrer, ocorreu. É unha decisión baseada na lei", dixo Yablokov, autor do artigo que provocou a denuncia e onde se afirma que Stalin asinou persoalmente a orde de executar milleiros de cidadáns da extinta URSS. Dzhugashvili, que mantén que o escrito é unha mentira, ten cinco días para apelar a decisión.