Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O CAMIÑO DA NORMALIZACIÓN AO REVÉS

O PP coruñés solicitará un pleno extraordinario para que A Coruña leve “o L da liberdade”

Logo de que o goberno local lle rexeitase a urxencia dunha moción, Carlos Negreira anuncia que forzará unha sesión monográfica sobre o topónimo.

Redacción - 18:00 05/10/2009

O Partido Popular da Coruña quere que se convoque formalmente aos 25 concelleiros do municipio a unha sesión plenaria extraordinaria na que se debata  o topónimo da ciadade. O seu líder local, Carlos Negreira, anunciou que van facer a petición formal para que se lle pida oficialmente á Xunta unha modificación da Lei de Normalización Lingüística.

A decisión dos conservadores coruñeses ten lugar despois de que o goberno local rexeitase a urxencia de discutir unha moción sobre o nome da cidade que presentaron no pleno deste luns. Negreira cualificou esta negativa como “un dos episodios máis lamentábeis da lexislatura”. O PP local subliñou que o acalde, Xavier Losada, “perdeu unha oportunidade histórica para solucionar en cinco minutos este problema”.

Negreira sostén que coa futura convocatoria extraordinaria do pleno sobre o topónimo vaise visibilizar “o dobre xogo do PSdeG” a respecto da castelanización do nome da cidade. Nun momento do pleno, o concelleiro “popular” Juan de Dios Ruano chegou a dicir que o debate era sobre o “L da liberdade”.

Os socialistas coruñeses dan voltas
A concelleira de Facenda, a socialista Carme Marón, volveu deixar claro o máis que estraño posicionamente do partido. Mentres que por un lado acusaba ao PP de intentar crear “crispación” coa cuestión toponímica, polo outro lembraba que Fraga “perseguiu” os socialistas coruñeses cando defendían “La Coruña”. Para rematar, Marón subliñou que o seu grupo segue a defender a cooficialidade do topónimo pero afirma que non é competencia municipal o cambio.


1,27/5 (15 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: