Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA CORUÑA

Moreda e Lage disputarán a secretaría provincial do PSdeG

O actual presidente da Deputación e o deputado autonómico confirman as súas candidaturas, que se exporán ante o congreso provincial.

Redacción - 11:55 01/10/2009

Os socialistas coruñeses terán dúas opcións para escoller ao seu próximo secretario provincial. Dunha banda presentouse o actual presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e da outra, o deputado autonómico Xosé Manuel Lage. Ambos farán públicas as súas propostas nas vindeiras xornadas, nas que presentarán un programa que defenderán ante o congreso provincial, que se celebrará o vindeiro 7 de novembro.

Mentres, Pontevedra acollerá o vindeiro sábado o primeiro destes congresos provinciais, nos que o PSdeG encamiña a adaptación da súa estrutura con executivas en cada provincia. A esta cita, á que acudirán preto de 150 delegados de todas as agrupacións locais, está previsto que acuda o vicesecretario xeral do PSOE, Xosé Blanco. Nesta votación, os socialistas só terán unha candidatura para elixir, a de Modesto Pose.

Os outros congresos provinciais terán que agardar aínda uns días máis: o de Lugo será o 17 de outubro e o de Ourense o 21 de novembro.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: