Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA

As supostas obras ilegais na casa de Pachi Vázquez enfrontan PP e PSdeG

Segundo os 'populares', o líder dos socialistas eludiu pagar 12 mil euros por unha licenza municipal. Mentres, o PSdeG fala de persecución política.

Redacción - 14:35 21/09/2009
Vázquez asegura que as obras cumpriron a legalidade e anuncia que acudirá aos tribunais

Vázquez asegura que as obras cumpriron a legalidade e anuncia que acudirá aos tribunais

Malia que as denuncias do PP de supostas obras ilegais nunha leira particular do secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, se remontan á propia campaña electoral, estes días a polémica volve a estar enriba da mesa. Desta volta, o portavoz do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, puxo cifras as súas acusacións sobre o líder do PSdeG. Segundo defende, Vázquez "eludiu pagar 12 mil euros ao concello de San Amaro (Ourense) por unha obra nunha vivenda da súa propiedade".

Os populares explican que o líder socialista solicitara unha licenza para retellar a súa casa, polo que pagou 80 euros en taxas municipais. Porén, finalmente fixo unha reforma valorada en 600 mil euros, polo que tería que abonar uns 12 mil euros polo mesmo concepto de taxas públicas. Para Rodríguez Miranda é "inaceptábel" que Vázquez incumprise as súas obrigas fiscais: "esquivou o pago de impostos, cometeu unha ilegalidade e, polo tanto, pedimos explicacións".

Persecución política e denuncia nos tribunais
Pola súa parte, o PSdeG entende que está a ser obxecto dunha persecución política. Acusan o PP de "manipular un expediente administrativo para facer un uso partidista do mesmo. Aseguran que as obras acometidas na edificación de San Amaro "axústanse á legalidade" e consideran "intolerábel" a actitude dos populares, aos que acusan de "mentir e manipular" neste tema.

Ademais, lamentan que o Partido Popular "estea a empregar as administracións públicas con uso claramente partidista", ao contar co goberno tanto da Xunta como do concello San Amaro. "É un claro caso de utilización da administración", dixo Patxi Vázquez, quen amosou a súa indignación ante o feito de que os populares fixesen público, a través dun comunicado, o contido dun expediente cando aínda non lle fora comunicado ao propio afectado. Por este xeito de proceder do concello, xa adiantou que acudirá aos tribunais. 


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: