Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cualifícaos de "actos de insubmisión"

Núñez Feijoo, partidario de que se castiguen legalmente as consultas de independencia

O presidente da Xunta subliña que os galegos "non son nacionalistas, senón profundamente galeguistas", mais "non excluíntes".

Redacción - 13:30 21/09/2009
A localidade de Arenys votou a favor da independencia de Cataluña no polémico referendo

A localidade de Arenys votou a favor da independencia de Cataluña no polémico referendo

Para Alberto Núñez Feijoo "as consultas sobre a independencia formuladas en Cataluña deben castigarse, igual que calquera outro acto ilegal". Así o asegurou na entrevista concedida a Europa Press, na que insistiu que o goberno español debería facer fronte a este debate sobre a convocatoria de referendos "cos códigos do Estado de Dereito".

Do mesmo xeito, o presidente da Xunta considerou "moi importante" clarificar a situación legal do Estatut de Cataluña e considerou "moi grave" que poida xerarse unha situación de "insubmisión que engada unha crise política á xa existente crise económica". Así, adiantou que non é desexábel que esa "crise política" se estenda a outras comunidades autónomas porque "estaríamos ante unha enorme dificultade de saber quen somos e que temos que facer para reencontrarnos a nós mesmos".

Finalmente, subliñou que os cidadáns galegos "non son nacionalistas, como así o demostra o 85% da poboación que en cada convocatoria electoral vota ao PP e ao PSdeG". "Somos profundamente galeguistas", dixo, "pero non somos excluíntes, e sería malo que en España, dependendo do momento, haxa unha ou varias nacións".


1/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: