Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AXUDAS AOS LIBROS DE TEXTO

O PPdeG acusa o PSdeG de "alentar o boicot" dos colexios

Os 'populares' culpan os socialistas de condenar centos de pais a non recibiren axudas e censuran o seu "pouco apego ao aforro".

Redacción - 09:30 18/09/2009
As axudas para os libros de texto son obxecto da última polémica en educación entre o Goberno e o PSdeG

As axudas para os libros de texto son obxecto da última polémica en educación entre o Goberno e o PSdeG

Logo das acusacións mutuas entre socialistas e populares a propósito da petición do Goberno de máis aforro en auga e luz nos centros públicos, a educación segue dando elementos para o debate político. Desta volta, o PPdeG acusa aos PSdeG de "chamar á insubmisión" e "alentar o boicot" dos centros na tramitación das axudas para os libros de texto. Os populares entenden que "a única intención é entorpecer un sistema pensado para axudar a aqueles que menos recursos teñen".

Nesta liña, o PPdeG culpa aos socialistas de "condenar a centos de pais a non recibir axudas da Xunta" e lamentan "o pouco apego polo aforro do PSdeG", o que considera "un perigo para Galiza". Así, nun comunicado, o partido do Goberno entende que a derrota electoral do primeiro de marzo "aforrou moitos cartos" aos galegos.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: