Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xapón

Desaparece nunha montaña o creador de Shin Chan

A policía segue na procura de Yoshito Usui, de 51 anos, que foi camiñar só o pasado venres asegurando que volvería no día.

Redacción - 10:00 16/09/2009

O creador do popular personaxe Shin Chan, Yoshito Usui, está desaparecido nunha montaña xaponesa, segundo informou a axencia Kyodo. Usui, de 51 anos, está ilocalizábel dende o pasado venres, cando foi camiñar por unha zona montañosa.

A policía das provincias de Gunma e de Nagano levan buscándoo dende o sábado, despois de que fose pasear só e lles asegurase aos seus familiares que volvería no día. O xornal Asahi Shinbun informou de que a policía lle chamou en repetidas ocasións ao móbil sen que Usui respondese.

A cidade de Kasukabe, onde vive Yoshito Usui, adoptou a imaxe de Shin Chan como representación  gráfica dende o mes de abril. As aventuras do neno Shinnosuke Nohara, primeiro en manga e despois en televisión e cine, acadaron un enorme éxito en todo o mundo dende o seu nacemento, no ano 1990, dobradas a numerosos idiomas, entre eles o galego.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: