Louzán confirma que "negocia" para que "en breve" se repitan estes movementos noutros municipios da provincia de Pontevedra.
Casa do Concello
O PP do Concello da Estrada incorporará ás súas filas dous ex concelleiros da formación Cidadáns de Galicia (Cidega), Xosé Manuel Reboredo e Xoán Torres, que agora forman parte do grupo de non adscritos no Concello, co fin de que o edil e deputado autonómico Xosé Carlos López Carro acceda á Alcaldía nas próximas eleccións, en 2011.
"Volven á casa de onde nunca tiveron que marchar", afirmou o presidente do PP local, Juan Constenla. O presidente provincial, Rafael Louzán, desvelou que existen "negociacións" noutros concellos e certificou que "en breve" esta estratexia se repetirá. O movemento foi avalado pola cúpula do partido a nivel nacional, coa presenza do seu secretario xeral, Afonso Rueda.
Ao respecto, este sinalou que a incorporación dos dous edís permitirá "consolidar aínda máis" o proxecto do partido na Estrada para que López Carro "sexa alcalde". "Poñemos o noso empeño e traballaremos por iso", aseverou Rueda, que contrastou a "filosofía de unión" dos populares coa de desencontro de PSdeG e BNG, que gobernan coaligados neste municipio.
Sucesión de Baltar
Por outra banda, Afonso Rueda asegurou que o partido "facilitará que calquera que queira presentarse" como candidato aos congresos provinciais "o poida facer". Preguntado polo caso de Xosé Luís Baltar, o dirixente incidiu en que os congresos son "democráticos e libres". "Todos os que o desexan poden ser candidatos e todos teñen dereito a presentarse, sen pelexas", dixo.