Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dous anos de Executivo nacionalista

O goberno de Escocia lembra a súa promesa de consultar o pobo sobre a independencia do país o ano que vén

"Mentres que os limites impostos sobre o que podemos e non podemos conseguir permanezan, nunca alcanzaremos o noso potencial absoluto", sinalou Salmond.

Redacción - 12:30 04/09/2009
Alex Salmond

Alex Salmond

O primeiro ministro de Escocia, Alex Salmond, presentou esta quinta feira o programa lexislativo do Goberno para o novo curso político, que está estruturado en 13 propostas lexislativas entre as que salienta a convocatoria dun referendo de independencia o ano que vén, tal e como se comprometeu ao acceder ao poder hai dous anos.

O SNP, partido nacionalista que sustenta o Executivo, deberá porén buscar aliados no arco parlamentario xa que tanto Laboristas, como Liberal Demócratas e Conservadores se opoñen en principio á consulta. No entanto, a disciplina de partido nos parlamentos das illas difire da que se segue na política ibérica.

Salmond, na súa intervención ante os membros da Cámara escocesa, ligou a independencia coa capacidade do país para afrontar a crise. O primeiro ministro expuxo que a posibilidade de decidir con absoluta autonomía é chave no desenvolvemento do seu potencial económico nun mundo globalizado.

"Na actualidade existe un teito de cristal que ameaza o progreso de Escocia. Mentres que os limites impostos sobre o que podemos e non podemos conseguir permanezan, nunca alcanzaremos o noso potencial absoluto", sinalou Salmond. "É tempo de que o pobo escocés fale e este parlamento non se debería interpor", engadiu.


5/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: