Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Europa, Terra de Pobos

Escocia: Da 'devolution' á independencia en pouco máis de dez anos

O Goberno escocés mostra unha vontade firme de organizar un referendo sobre a secesión do Reino Unido. A data prevista, outono de 2010.

Fernando Arrizado - 18:30 02/06/2009
O primeiro ministro Alex Salmond

O primeiro ministro Alex Salmond

O Partido Laborista dominou a política escocesa a finais do S.XX e principios do XXI. Tal foi así, que nas eleccións ao parlamento británico de 1997, o Partido Conservador non conseguiu ningún representante escocés.

Porén, nos terceiros comicios autonómicos dende a devolution, en 2007, o Scottish National Party (SNP) converteuse na primeira forza, con 47 escanos de 129, subindo 20 con respecto a 2003.

O SNP fundouse en 1934. Antes, en 1886 constituíuse a Asociación polo Autogoberno de Escocia, que pedía a descentralización do Reino Unido. E en 1913 aprobouse un proxecto de lei para desenvolver o autogoberno no país, mais non se chegou a executar polo estalido da I Guerra Mundial.

O primeiro ministro británico, Edward Heath, anuncia en 1968 que se creará un comité para estudar a devolution e oito anos máis tarde, o goberno acepta a convocatoria de referendos para a súa ratificación en Escocia e Gales.

A consulta en Alba faise en 1979. O 51,6% do electorado vota 'Si', mais rexéitase xa que a sú aprobación dependía de que a porcentaxe a prol do 'Non' ficase por baixo do 40%.

Namentres, a finais da década de 1960, descóbrense abundantes bolsas de petróleo e de gas natural no Mar do Norte escocés. Esta cuestión fai que cobre maior importancia a cuestión dunha Escocia independente.

Os laboristas teñen a última palabra
O SNP chegou ao Goberno en 2007 coa firme intención de lle consultar ao pobo escocés se quere un país independente do Reino Unido, e mantén como data para organizala outono de 2010. Neste senso, dende a propia Administración abriu un debate público sobre a cuestión.

No entanto, os nacionalistas precisan de polo menos 16 deputados da oposición para aprobar a lei que permita a consulta, contando co voto favorábel xa anunciado dos dous do Partido dos Verdes.

Algúns dentro do Partido Laborista, contrario á secesión escocesa, defenden que se faga a consulta para frear a tendencia ao ascenso do sentimento arredista entre a poboación, tendo en conta que na actualidade a maioría das sondaxes auguran a vitoria do 'Non'.


5/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'Spirit of Scotland', de Richard Pric, no lugar da Batalla de Loudoun Hill (1297) entre escoceses e ingleses  / Flickr: dmcneil
'Spirit of Scotland', de Richard Pric, no lugar da Batalla de Loudoun Hill (1297) entre escoceses e ingleses / Flickr: dmcneil
Mosaico coa bandeira escocesa antes dun partido de rugby contra Inglaterra / Flickr: www.theedinburghblog.co.uk
Mosaico coa bandeira escocesa antes dun partido de rugby contra Inglaterra / Flickr: www.theedinburghblog.co.uk