Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Ábrese a convocatoria

O Concello de Bueu volve premiar os mellores textos poéticos e xornalísticos

Xa se poden presentar candidaturas aos premios Johán Carballeira, na súa 13 edición de poesía e sétima de xornalismo.

Redacción - 14:15 01/09/2009

O Concello de Bueu abriu o prazo de presentación de candidaturas para os premios Johán Carballeira. A modalidade de poesía acada a 13 edición, mentres que o galardón de xornalismo entregará este ano o seu sétimo recoñecemento.

Ao premio de poesía poden concorrer autoras e autores con orixinais de non máis de 400 versos, inéditos e escritos en galego. O prazo de presentación remata o 16 de novembro. Por outra banda, ao Johán Carballeira de xornalismo poderán aspirar textos de calquera xénero xornalístico e temática libre publicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2009 en medios escritos e dixitais do país e en lingua galega. Neste caso, o prazo remata o 7 de novembro. Nos dous casos, o galardón está dotado con 1.500 euros.

Na pasada edición, o premio Johán Carballeira de poesía gañárao Mario Regueira, coa súa obra Blues da Crecente, mentres que o de xornalismo recaera en Réquiem polo Foucellas, reportaxe publicada en Vieiros e asinada por Fernando Arrizado Abuín e Isabel García Couso.



5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha reportaxe sobre Foucellas publicada por Vieiros gañara a edición de 2008
Unha reportaxe sobre Foucellas publicada por Vieiros gañara a edición de 2008