A reportaxe asinada por Fernando Arrizado e publicada en Vieiros o pasado mes de outubro, foi merecedora do recoñecemento do xurado.
"Unha boa persoa que se botou ao bravo". Así o contaba un dos veciños da parroquia de Cabrui ao respecto do máis lendario dos guerrilleiros antifranquistas do país. Así o publicaba Vieiros o pasado 22 de outubro, o día en que se cumprían 100 anos do nacemento nas Foucellas (Mesía), de Benigno Andrade García.
A reportaxe escrita por Fernado Arrizado Abuín, e con vídeo e fotos realizados por Isabel García Couso, foi merecedora da sexta edición do premio de Xornalismo Johán Carballeira. O xurado reuniuse este luns 22 de decembro para resolver o galardón. Tralo debate, o xurado integrado por Anxo Quintela, Rubén Bastón, Manuel Mosteiro e Xabier Framil, decidiu por unanimidade outorgarlle o premio a "Réquiem polo Foucellas".
"Valorouse a calidade na escrita e a contribución de datos pouco coñecidos sobre a figura do guerrilleiro antifranquista Benigno Andrade Foucellas. A obra, estruturada en tres artigos, utiliza axeitadamente as ferramentas do formato dixital no que foi publicado e posúe un alto poder narrativo", recolle a acta.
Poden ler aquí a reportaxe: Réquiem polo Foucellas.