Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE INTERNA

O Partido Galeguista ratifica a expulsión de Soto e nomea unha nova Executiva

A organización, que tomou a decisión nunha xuntanza extraordinaria celebrada a fin de semana, fixa como obxectivo o traballo municipal.

Redacción - 11:00 31/08/2009
Tags: PG xuntanza

O Partido Galeguista celebrou esta fin de semana no Grove unha xuntanza extraordinaria na que ratificou a expulsión do seu ex secretario xeral, o vigués Manuel Soto, e do até agora vicepresidente, o monfortino Antonio Varela. O máximo órgano da formación política entende que son os máximos responsábeis do “secuestro” do PG nos últimos meses e de tomar decisións sen contar coa estrutura do partido. Por todo o anterior, o Consello Galeguista decidiu declarar nulos todos os consellos celebrados dende setembro de 2008.

Nas conclusións da xuntanza afírmase que o PG pasou dos perto de 20 mil sufraxios conseguidos nas municipais de 2007 aos menos de 900 nas últimas eleccións autonómicas (onde se presentaba na coalición Máis Galicia). Tamén decidiron aprazar o congreso que estaba previsto para o vindeiro mes de setembro, disolver as agrupación de Redondela, O Grove, Moforte e Vigo e centrar os seus esforzos en aumentar a súa máis que feble presenza territorial de cara a afrontar os comicios locais que se celebrarán en maio de 2011.

A nova Executiva queda constituida do seguinte xeito: Manuel Suárez García (presidente); Anxo Rodríguez Conde (vicepresidente); Manuel Marante Gómez; Pedro Agra Aguión; Rocío López Vecino; Monserrat Viqueira Neira; Francisco Pérez; Francisco López Franco; Francisco Bugallo Feijoo; Francisco Xavier Martínez Méndez; Eduardo Rubianes Castro; Mª Esther Rodríguez Vázquez; Manuel Barcala Pereiras; Maite Fernández Piñeiro; Vanessa Prieto Giráldez; Isabel Gutiérrez Fábrega; Jon Francisco González Pérez; Xesús Martínez López; Manuel Chas París; Khaterine Varela Fernández; Antonio Deza Alves; Lucía Vázquez López; Ramón Rodríguez Cobas; Pablo López Barrera; Orlando Villamayor Torres; Camilo Conde López; Teba Conde Herrezuelo; Víctor Manuel León Queiro, Xosé Antonio García Jurjo; e Manuel Touriño Camiña (vocais).


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: