O presidente provincial do PPdeG, Xosé Manuel Barreiro, ve fendas nas filas dos rivais socialistas.
"É evidente que existe unha loita dentro do PSOE de Lugo", insistiu este luns o presidente do PP de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, asegurando que existe unha "loita" entre o presidente da Deputación provincial, Xosé Ramón Gómez Besteiro, e o alcalde lugués, Xosé López Orozco, pola secretaría xeral do PSdeG na provincia.
Barreiro ve "probábel" que Besteiro substitúa a Orozco como candidato á alcaldía, a pesar de que o rexedor local "xa se postulou como candidato hai meses". "Coma se temese que o partido non conte con el", interpretou o popular, en referencia aos congresos provinciais que os socialistas celebrarán durante os próximos meses de outubro e novembro.